Dicionario Galego De Televisión

Preparing link to download Please wait... Download

E-Book Overview

A Coruña: RAG | Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades / Compañía de Radio Televisión de Galicia / Termigal, 2005. — 247 p.
O Dicionario galego de televisión está composto por aproximadamente 2.500 entradas pertencentes aos distintos campos específicos do medio televisivo (teoría da comunicación, deontoloxía, xestión de medios audiovisuais, creación de contidos, programación, telecomunicación, produción, edición, iluminación, realización, análise de audiencias, etc.), ordenadas alfabeticamente.Todos os termos e expresións incluídos no dicionario procuran adaptarse ao actual vocabulario galego normativo. Cando cómpre introducir outras de uso corrente no medio televisivo que non se axustan ao patrón léxico da norma, destácanse graficamente. Así, estranxeirismos como spot, timing ou mesmo adaptacións do tipo etalonar aparecen como entradas en cursiva. Ao optar por esta diferenciación gráfica, dunha banda, evidénciase a primeira vista que se trata de formas alleas á nosa lingua e, por outra, evítase a aplicación de pronuncias desaxeitadas no caso das vogais acentuadas.

E-Book Content

DICIONARIO GALEGO DE TELEVISIÓN EDITH PAZÓ FERNÁNDEZ Revisión especializada: MANUEL VIDEIRA (son) MARÍA VARELA (realización) JORGE MUÑOZ (edición) ALBERTO GOITIA (iluminación) VÍTOR ESTÉVEZ (telecomunicacións) 2005 Edita: Xunta de Galicia Consellería de Educación e Ordenación Universitaria Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria Celso Currás Fernández Director Xeral de Política Lingüística Xesús P. González Moreiras Coordinador Científico Manuel González González Director Técnico de Lingüística Guillermo Rojo Sánchez Director de Termigal Manuel González González Compañía de Radiotelevisión de Galicia Director Xeral da CRTVG Francisco Campos Freire Director-Xerente da TVG Anxo Quintanilla Louzao © Edith Pazó Fernández © Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega © Compañía de Radiotelevisión de Galicia ISBN: 84-453-4062-X Depósito Legal: C. 1.542-2005 PRESENTACIÓN Nestes anos de traballo na análise da calidade lingüística das emisións da Televisión de Galicia, baixo a dirección de Manuel González, Constantino García e Xesús Ferro, da Real Academia Galega, fomos percibindo a enorme influencia que exercen a totalidade das fases de traballo no resultado final da comunicación televisiva. Foi así como naceu o meu interese polo que acontece coa comunicación detrás das cámaras e por axeitar á nosa lingua a terminoloxía técnica empregada nese ámbito que, en teoría, non percibe o telespectador. En realidade, o produto audiovisual que chega ás casas é sempre o resultado dun traballo de equipo; e a dedicación que se poña en cada fase do proceso transcende inevitablemente á pantalla determinando a calidade do produto final. Tamén no aspecto lingüístico, naturalmente. O Dicionario galego de televisión é unha proposta que nace desa necesidade urxente de lle procurar un nome galego a cada elemento da produción televisiva, que nos permita comprender e identificar a que nos estamos a referir en cada momento desde as distintas especialidades que interveñen nela: a telecomunicación, a iluminación, a edición, a preprodución, a redacción xornalística, a programación, a análise de audiencias, a deontoloxía, a teoría da comunicación, a xestión de medios, etc. Seguindo o ronsel do pioneiro Vocabulario Galego da Comunicación que no ano 1996 elaboraran Paulino Novo, Xosé López e Francisco Campos, desde que abordei a realización do dicionario tiven a vontade de ofrecer a través del algo máis ca un compendio de termos e procurei ir trazando un deseño básico do funcionamento da televisión mediante a explicación das palabras coas que os técnicos se refi